Organizador

GSMA

Localización

Data

02 to 05 marzo 2026

Formato

Presencial

Horario/duración

10:00h - 18:00h

Prezo

de 399 a 1.299 €

Tema do evento

Ecosistema emprendedor
4yfn

4YFN 2026

4YFN Barcelona 2026 é un evento global clave no ámbito das startups que se celebra en paralelo ao MWC Barcelona 2026, orientado a amosar a innovación disruptiva e a próxima xeración de tecnoloxía.

A 12ª edición de 4YFN terá lugar do 2 ao 5 de marzo de 2026 na Fira de Barcelona, consolidándose como unha plataforma internacional de referencia para startups, persoas investidoras, grandes corporacións e administracións públicas que buscan acelerar a innovación, explorar novas oportunidades de investimento e establecer alianzas estratéxicas.

4YFN actúa como un punto de encontro entre a innovación tecnolóxica emerxente e o mercado, impulsando o crecemento do emprendemento en todas as súas fases. O evento facilita visibilidade internacional, acceso a financiamento e relación directa con axentes clave do ecosistema, favorecendo a creación de colaboracións orientadas á transformación dixital e ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas de alto impacto.

Na edición de 2026, o eixo temático será “Infinite AI”, centrado no potencial da intelixencia artificial como tecnoloxía transversal e na súa aplicación en ámbitos como a saúde dixital, os servizos financeiros, a sustentabilidade, a industria 4.0 ou o deep tech. O programa combinará conferencias, paneis de debate, obradoiros prácticos, sesións de matchmaking, espazos de demostración tecnolóxica e competicións de pitch, nas que as startups seleccionadas poderán presentar os seus proxectos ante investidores e empresas.

Na edición de 2025 rexistráronse máis de 109.000 persoas de máis de 105 países, máis de 1.000 startups e 900 axentes investidores, consolidando a súa posición como un dos eventos de emprendemento máis influentes a nivel global.

Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?

Escríbenos!