Organizador
Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
Para poder utilizar as funcionalidades debes completar todos os campos obrigatorios do teu perfil.
BigBan Investors Congress 2025
BigBan Investors Congress 2025 quere consolidarse como o punto de encontro de referencia para o ecosistema investidor en startups, conectando a business angels, corporacións, fondos e persoas emprendedoras nunha contorna exclusiva.
BigBan Investors Congress 2025 é a cita anual imprescindible para o ecosistema investidor en startups, que este ano celebra a súa undécima edición no emblemático Palau de lles Arts Reina Sofía de Valencia. Concibido como un evento boutique, o congreso reúne aos principais actores do capital privado —business angels, family offices, corporacións, fondos de capital risco e persoas emprendedoras— nun espazo deseñado para descubrir tendencias, xerar sinerxias e abrir novas oportunidades de coinversión.
A Noite do Investimento Privado inaugura o congreso o 26 de novembro. Trátase dunha velada exclusiva que combina networking de alto nivel, música en vivo e unha cea de gala nun ambiente elegante e próximo. A noite convértese nun espazo único para que axentes investidores, corporacións e startups compartan experiencias e establezan relacións estratéxicas nunha contorna distendida.
Durante esta velada celébrase a cerimonia de entrega dos Premios BIGBAN, que recoñecen ás e os actores máis destacados do ecosistema investidor e emprendedor. Estes galardóns poñen en valor a traxectoria de business angels cun sólido historial de coinversión, a aposta de corporacións pola innovación aberta e o papel de startups que lograron consolidarse grazas ao investimento privado. Máis aló dos recoñecementos individuais, os premios contribúen a consolidar a misión de BIGBAN de profesionalizar, visibilizar e fortalecer o investimento en etapas temperás en España.
Durante a xornada do 27 de novembro, o congreso ofrecerá un programa de relatorios, mesas redondas e verticais de conversación con líderes do sector, abordando as tendencias que están a redefinir o futuro do investimento: dixitalización, sustentabilidade, innovación tecnolóxica e novos modelos de negocio. As persoas asistentes terán acceso directo a axentes investidores internacionais, executivos senior e corporacións que buscan colaborar con startups disruptivas, consolidando ao congreso como un espazo de interacción estratéxica e de creación de oportunidades reais.
Na súa edición anterior, o congreso reuniu a máis dun centenar de axentes investidores, decenas de corporacións e executivos de primeiro nivel, con representación de múltiples nacionalidades e un programa de relatorios de alto impacto, consolidándose como un dos encontros máis influentes do ecosistema investidor en España e Europa.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!