Organizador

Nebext

Localización

Barcelona

Data

30 setembro to 02 outubro 2025

Formato

Presencial

Horario/duración

08:30h - 19:00h

Prezo

Desde 150 € ata 795 €

Tema do evento

Ecosistema de conectividade global
The District

The District 2025

O obxectivo do evento é reunir persoas expertas do sector inmobiliario para impulsar o investimento, compartir tendencias e promover proxectos sostibles, co fin de transformar o real estate mediante criterios innovadores e responsables.

The District 2025 celebra a súa cuarta edición na Fira de Barcelona centrada no investimento inmobiliario desde a perspectiva do capital. Co lema “Ready, Set, Invest”, reunirá actores de referencia do sector a nivel global: fondos, fontes de financiamento, organismos públicos, operadores, promotoras, axencias, consultoras e xestoras de activos, entre outros.

Durante tres días, a cimeira servirá como punto de encontro estratéxico para compartir visións, presentar estratexias de investimento e anticipar as principais macrotendencias que marcarán o sector inmobiliario nos próximos 12 a 14 meses. A axenda centrarase na análise do impacto das políticas económicas, os movementos xeopolíticos e a evolución dos modelos de financiamento.

The District 2025 contará con máis de 190 sesións repartidas en 8 foros verticais centrados en diferentes tipoloxías de activos: residencial, oficinas e espazos de traballo, retail, hospitality, industria e loxística, centros de datos, infraestruturas e enerxía, e activos alternativos.

Os 10 temas principais que se abordarán durante o evento serán: megatendencias, mercado de capitais, visión global do mercado, ESG, ecosistema proptech, servizos, activos emerxentes, captación de fondos, tendencias da IA e tecnoloxía, e vivenda accesible.

Ademais, o evento impulsará unha axenda completa de networking estratéxico, deseñada para facilitar alianzas e acelerar oportunidades de negocio. Entre as actividades destacadas atópanse a Leadership Summit, The District World Summit 2025, e os World-Class District Awards 2025.

Na última edición de 2024 asistiron máis de 14.000 persoas, máis de 2.500 persoas investidoras, máis de 350 representantes do sector hospitality, e celebráronse máis de 700 reunións one-to-one.

Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?

Escríbenos!