Organizador

EU Startups

Localización

Data

07 to 08 maio 2026

Formato

Presencial

Horario/duración

09:00h - 18:00h

Prezo

Desde 175 € ata 600 €

Tema do evento

Innovación
Internacionalización
Engadir aos meus eventos

Para poder utilizar as funcionalidades debes completar todos os campos obrigatorios do teu perfil.

EU Startup Summit 2025

EU Startup Summit 2026

O obxectivo do EU Startup Summit 2026 é reunir a persoas emprendedoras e investidoras, corporates e startups de referencia de Europa para fomentar a innovación, o networking e o crecemento empresarial.

EU Startup Summit, que celebra a súa 12ª edición no Mediterranean Conference Centre de Valletta (Malta), consolídase como un dos eventos máis destacados para a comunidade emprendedora europea. Este encontro reunirá persoas expertas en tecnoloxía, líderes da industria, startups, corporates e persoas investidoras de todo o continente, ofrecendo unha plataforma única para conectar, aprender e colaborar.

Ao longo do evento, compartiranse os avances máis relevantes no ámbito das startups, cun enfoque nas tendencias emerxentes do mercado, o impulso da innovación e a colaboración estratéxica entre empresas emerxentes e axentes clave do ecosistema tecnolóxico. Ademais, será un espazo ideal para fortalecer alianzas, explorar novas oportunidades de investimento e potenciar o crecemento internacional das startups.

Durante o evento, as persoas participantes terán a oportunidade de asistir a charlas, paneis de discusión, keynotes e workshops distribuídos en dous escenarios, coa participación de máis de 80 speakers. Así mesmo, contarase coa presenza de destacados perfís internacionais do ecosistema emprendedor e investidor, como Hadi Moussa, CEO de Oyster; Alexandru Stan, fundador e CEO de tekpon e novo CEO de TNW; Stephanie Melodia, fundadora e ex CEO de Bloom; Ridwan Olalere, fundador e CEO de LemFi; Conor Moynagh, Head of VC en HubSpot for Startups; e Andrei Duduoiu, CEO e cofundador de SeedBlink, entre outros.

O encontro incluirá ademais unha pitch competition con 15 startups early-stage seleccionadas entre máis de 1.600 candidaturas, así como unha zona expositiva con 75 compañías innovadoras e un espazo específico para a conexión con firmas de venture capital a través da iniciativa Investors on Stage.

Durante a súa última edición, confirmaron a súa asistencia máis de 2.500 participantes, entre os cales se atopan 1.200 founders e 300 persoas investidoras.

Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?

Escríbenos!