Organizador
Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
Food 4 Future - ExpoFoodTech 2026
Evento de referencia europeo para a industria agroalimentaria, cuxo obxectivo é presentar as innovacións e tecnoloxías que impulsarán o futuro do sector dos alimentos e bebidas, poñendo o foco na automatización, a dixitalización e a sostibilidade.
Food 4 Future – ExpoFoodTech celebra a súa sexta edición no Bilbao Exhibition Centre (BEC) en Barakaldo, reunindo as últimas solucións industriais en foodtech e as tendencias que están a redefinir a industria alimentaria. Posiciónase como a plataforma líder en automatización, robótica, intelixencia artificial, packaging, loxística e innovación aplicada a toda a cadea de valor alimentaria.
Desde a súa primeira edición en 2021, reuniu profesionais do sector para explorar as últimas tendencias e tecnoloxías que están a transformar a cadea de valor alimentaria.
O evento acolle o Food 4 Future World Summit, considerado o congreso foodtech máis influente de Europa, que contará coa participación de máis de 320 persoas expertas internacionais que compartirán casos de éxito, tecnoloxías emerxentes e perspectivas sobre o futuro da alimentación.
Tamén se desenvolverán foros especializados por industria, sesións técnicas, tendencias sectoriais e espazos para conectar con persoas líderes e corporacións do sector.
Como momentos destacados, celébranse os FoodTech Innovation Awards, que recoñecen as solucións máis innovadoras do ano, así como o FoodTech Startup Forum, onde empresas emerxentes presentan os seus proxectos ante axentes clave da industria. Esta edición tamén integra iniciativas como Pick&Pack for Food Industry, ampliando a oferta para profesionais que buscan solucións avanzadas de loxística, packaging e innovación industrial.
Máis de 8.000 profesionais asistirán a esta edición para coñecer tecnoloxías punteiras en automatización, robótica, IA, visión artificial, industria 4.0 e sistemas de produción sostible que están a transformar a industria alimentaria do mañá.
Na edición de 2025, Food 4 Future contou coa asistencia de máis de 8.500 persoas directivas e profesionais, 379 persoas expertas internacionais e 125 sesións celebradas durante o evento.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!