Organizador
Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
Meta World Congress 2026
Meta World Congress 2026 é un encontro tecnolóxico que reúne persoas líderes, startups e empresas para impulsar a innovación, compartir coñecemento e conectar o ecosistema tecnolóxico, explorando o presente e o futuro dixital
Meta World Congress 2026 celebra a súa quinta edición consolidándose como un punto de encontro clave para a innovación tecnolóxica. Durante varios días, persoas líderes do sector tecnolóxico, visionarias, startups e corporacións comparten coñecementos, debaten tendencias e xeran oportunidades de conexión dentro do ecosistema.
O congreso combina:
- Relatorios inspiradores con speakers recoñecidos.
- Experiencias inmersivas orientadas a explorar o impacto da tecnoloxía.
- Zona de expositores onde coñecer solucións e desenvolvementos tecnolóxicos.
- Zonas de networking e conexión profesional.
- Lecer e entretemento dixital, integrando experiencias tecnolóxicas nun contorno dinámico.
- Zona VIP e espazos gastronómicos para experiencias diferenciais.
- Demo Hub’s como espazo para mostrar innovacións e desenvolvementos tecnolóxicos.
O congreso aborda tecnoloxías clave como Intelixencia Artificial (IA), Web3, blockchain, Machine Learning e realidades estendidas, entre outras áreas vinculadas á transformación dixital.
Ademais, o evento incorpora espazos específicos orientados á innovación, ao talento e ao networking:
-
Startup Soul Challenge (3ª edición): baixo o enfoque do “lado humano da innovación”, este espazo consolídase como un encontro de referencia para startups tecnolóxicas en ámbitos como IA, Web3 & Blockchain e realidades estendidas. Trátase dunha plataforma dinámica onde startups presentan os seus proxectos ante unha audiencia global, incluíndo axentes investidores, expertos e líderes do sector.
A iniciativa ofrece visibilidade, acceso a mentorías, recursos estratéxicos e oportunidades de conexión, actuando como un trampolín para acelerar o crecemento e a expansión empresarial. En edicións anteriores participaron máis de 100 startups, cun investimento próximo aos 100.000 € e acompañamento profesional valorado en máis de 500.000 €.
- Open Awards (8ª edición): premios centrados na innovación tecnolóxica con propósito, que recoñecen iniciativas capaces de transformar ámbitos como a educación, a saúde ou a ética dixital. Nesta edición seleccionaranse 11 proxectos destacados, reforzando o obxectivo de xerar maior impacto social, diversidade de voces e un enfoque máis humano da tecnoloxía.
Meta World Congress posiciónase así como unha comunidade que impulsa a conversa tecnolóxica, conectando a quen desenvolve a innovación con quen busca comprendela e aplicala en distintos ámbitos.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!