Organizador

Slush

Localización

Data

19 to 20 novembro 2025

Formato

Presencial

Horario/duración

09:00h - 18:09h

Prezo

Desde 395€ ata 1.095€

Tema do evento

Innovación, tecnoloxía e emprendemento
Engadir aos meus eventos

Para poder utilizar as funcionalidades debes completar todos os campos obrigatorios do teu perfil.

Slush

Slush 2025

Slush 2025 busca reunir as persoas fundadoras, axentes investidores e líderes máis influentes do ecosistema emprendedor global para impulsar novas ideas e empresas que transformen o mundo.

Slush 2025 é o evento de startups deseñado para conectar a persoas emprendedoras con axentes investidores e medios de todo o mundo. Esta 18ª edición, organizada anualmente en Helsinqui, ten como obxectivo acadar a máxima relevancia: cada asistente forma parte dunha comunidade coidadosamente seleccionada que inclúe startups de alto potencial, axentes investidores cun volume de activos baixo xestión de 4 billóns de dólares e medios internacionais de referencia.

Durante dúas intensas xornadas, os asistentes poderán acceder a máis de 400 mesas de reunións, á Slush Matchmaking Tool, asistir a charlas en catro escenarios de primeiro nivel con relatores de talle mundial e participar en máis de 600 eventos paralelos por toda a cidade.

A experiencia complétase con actividades exclusivas como mentorías, Investor Office Hours, encontros privados para startups e axentes investidores, e unha afterparty que fomenta o networking nun ambiente relaxado.

Slush é un evento agnóstico en canto a industrias (industry-agnostic), con representación de máis de 50 sectores, desde deeptech, IA (Intelixencia Artificial) e fintech ata enerxías limpas, gaming e healthtech. A atmosfera é única: 1 axente investidor por cada 2 persoas fundadoras, un contorno que favorece o diálogo directo, a aprendizaxe práctica e a creación de alianzas estratéxicas.

Na edición de 2024, asistiron máis de 13.000 asistentes de máis de 70 países, incluíndo máis de 6.000 startups, 3.500 axentes investidores e 1.700 axentes do ecosistema, xerando 20.000 reunións en só dous días.

Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?

Escríbenos!