Organizador
Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
STARTUP OLÉ MIAMI 2026
Startup OLÉ Miami impulsa a conexión entre Europa, Latinoamérica e Estados Unidos, reunindo talento, investimento e innovación nun encontro clave para a internacionalización de proxectos tecnolóxicos.
Startup OLÉ Miami 2026 celebra a súa terceira edición consolidándose como un evento internacional de referencia para conectar o ecosistema emprendedor iberoamericano co mercado estadounidense. Esta iniciativa reúne startups, persoas investidoras, corporacións, entidades públicas, universidades, medios de comunicación e hubs de innovación co obxectivo de impulsar a colaboración, o investimento e a internacionalización de proxectos tecnolóxicos con vocación global.
Ao longo dos dous días de programación, as persoas asistentes poderán participar en conferencias inspiradoras, competicións de startups, mesas redondas e actividades de networking, ademais de conectar directamente con líderes e referentes da industria. O encontro favorece sinerxías entre Europa, Latinoamérica e Estados Unidos, e consolídase como unha ponte estratéxica para a creación de alianzas de alto valor.
Entre as persoas poñentes confirmadas atópanse Pilar Carrato, directora financeira do CDTI; Kwamara Thompson, fundadora de Women Invest in Women; e Natalia Ocampo, CEO de USABiz Consulting Group, xunto con representantes institucionais e perfís clave do ámbito da inversión e da innovación pública e privada do ecosistema de Miami, así como de distintos países europeos e latinoamericanos. A súa participación reforza o carácter internacional, multisectorial e diverso do encontro.
Na edición anterior, Startup OLÉ Miami contou coa asistencia de máis de 550 persoas, a participación de case 70 startups e scaleups e máis de 100 poñentes de referencia do ecosistema innovador. A edición de 2026 aspira a superar estas cifras, fortalecendo o posicionamento de Miami como un hub estratéxico para a innovación, o investimento e o emprendemento global.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!