Organizador

Nebext

Localización

Data

06 to 08 outubro 2026

Formato

Horario/duración

10:00h - 18:20h

Prezo

desde 120 € ata 1.200 €

Tema do evento

Innovación
Tecnoloxía
tis 26

Tourism Innovation Summit 2026

Tourism Innovation Summit (TIS) é un evento de innovación, tecnoloxía e sostibilidade para o sector turístico, que acolle o Tourism Innovation Global Summit,

Tourism Innovation Summit 2026 celebrará a súa sétima edición do 6 ao 8 de outubro de 2026 en Sevilla (recinto FIBES), reunindo a máis de 8.000 profesionais do turismo. Baixo o lema “Time to Reimagine”, o evento formúlase como o epicentro da transformación do sector, onde a industria do turismo e a tecnoloxía converxen para reinventar cada fase da experiencia da persoa viaxeira.

O congreso, Tourism Innovation Global Summit 2026, é unha conferencia que contará con máis de 400 speakers internacionais , persoas líderes do sector e innovadoras que compartirán coñecemento, tendencias emerxentes, modelos de negocio, estratexias dixitais e casos de éxito reais. 

Desenvolverase en cinco auditorios simultáneos, estruturados arredor de catro foros verticais

  • Hospitality & Accommodation: enfoque na hiperpersonalización preditiva e na rendibilidade da automatización en hoteis 
  • Destinations & Experiences: estratexias sobre Intelixencia de Datos e modelos de turismo intelixente
  • Travel Distribution: novos modelos de distribución e o impacto dos asistentes de viaxe baseados en IA
  • Agencies Leadership e Innovation & Scale: descarbonización e novas tecnoloxías na mobilidade turística

Adicionalmente, haberá axendas específicas para perfís directivos (CEO’s Summit, CIO’s & CTO’s Agenda, DMO’s Agenda, CMO’s & CSO’s Summit, Talent Summit e Institutional Leadership Agenda).

O programa complétase cunha zona de exposición onde as empresas mostran as súas solucións e servizos, e cos Tourism Innovation Awards, que recoñecen os proxectos máis innovadores, dixitais e sostibles do sector das viaxes e o turismo.

Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?

Escríbenos!