Organizador
Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
The Way Startup Summit 2025
O evento ten como obxectivo impulsar as relacións entre persoas emprendedoras, investidoras e startups, proporcionando un espazo para o intercambio do know-how e o networking.
The Way Startup Summit 2025, consolídase como un dos encontros crave do ecosistema emprendedor no sur de Europa. Nun momento marcado pola disrupción global, The Way Startup Summit aposta por reforzar o tecido emprendedor como motor de cambio, competitividade e transformación económica, tecnolóxica e social.
O evento reunirá nun mesmo espazo a startups, persoas emprendedoras, investidoras, corporacións, aceleradoras, universidades e administracións públicas comprometidas coa innovación.
O 7 de maio celebrarase o Investors Tour, unha actividade exclusiva para investidores e investidoras que permitirá visitar e conectar con algúns dos principais axentes do ecosistema galego do emprendemento, innovación e investimento. Esta xornada previa ofrecerá unha visión directa do potencial de Galicia como territorio innovador.
Os días 8 e 9 de maio desenvolverase o congreso, con relatorios de primeiro nivel, mesas redondas, workshops e sesións de pitch de startups. O primeiro día estará centrado no futuro de sectores crave como fintech, mobilidade, saúde, téxtil, alimentación, turismo, retail, deporte ou sustentabilidade. Celebraranse espazos como “Women in Tech”, mesas de debate sobre investimento, sesións especializadas sobre saídas empresariais (EXIT: Is your company ready to be acquired?) ou workshops sobre financiamento público, preparación de investor deck, pactos de socios e ferramentas de IA aplicadas ao modelo Lean Startup.
O segundo día continuará con relatorios de referentes do sector, como Marc Guasch de Zubi Capital; Maite Fibla de Ship2B Ventures; ou Antonio Iglesias de Endeavor. Tamén se presentarán proxectos innovadores como os de Pedro Pestana de Marosa ou Lucas Varela de Onum. Así mesmo, participarán representantes de entidades públicas como, José Ignacio Sánchez Valdenebro de Red.es, quen presentará a Plataforma ONE destacando o seu potencial como aliado clave para todas as persoas que queiran emprender; ademais de, Fernando Garrido de EOI e Luis Baratas de ICEX.
Na súa última edición, o evento reuniu a máis de 1.000 asistentes, máis de 50 startups expositoras e máis de 100 persoas investidoras.
The Way Startup Summit é, unha vez máis, un punto de encontro imprescindible para quen aposta por transformar o presente e escalar o futuro.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!