Organizador
Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
Wolves summit 2026
Evento internacional cuxo obxectivo é crear un espazo para o networking efectivo e fomentar o desenvolvemento empresarial en sectores innovadores da economía.
O Wolves Summit 2026 será a 16ª edición do evento internacional que se celebra en Varsovia e que conecta startups, persoas investidoras e corporacións de toda Europa, cun foco especial en Europa Central e do Leste. O encontro terá lugar no Centrum Dom Technologii, un dos principais espazos de innovación da cidade, e reunirá máis de 250 persoas fundadoras e máis de 100 persoas investidoras, xunto con profesionais clave do ecosistema emprendedor, ofrecendo un contorno de alto valor para o networking e o desenvolvemento de oportunidades empresariais.
O evento céntrase na innovación tecnolóxica, a ciberseguridade, a intelixencia artificial (IA), o crecemento empresarial e as estratexias de márketing. As persoas asistentes poden levar a cabo diversas accións, como reunións 1:1 con persoas investidoras e socios/as potenciais, e explorar os Expo Pavilions, onde se mostran as últimas tendencias tecnolóxicas.
As startups terán novamente a oportunidade de participar no Great Pitch Contest, onde presentarán as súas solucións ante un panel de persoas investidoras activas no ámbito europeo. Ademais, o evento contará con espazos dedicados ao networking de alto valor, así como actividades cun enfoque na conexión entre axentes do ecosistema.
Wolves Summit continúa consolidándose como unha das principais plataformas de conexión para persoas emprendedoras, investidoras e líderes corporativas en Europa, con máis de 32.156 asistentes, 6.012 persoas executivas, 10.538 startups representadas, 3.792 persoas investidoras e participación de máis de 90 países acumulada nas súas edicións anteriores.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!