Entidade organizadora
Prazo de presentación
Dotación
Financiamento para a posta en marcha e o desenvolvemento de proxectos empresariais innovadores de base tecnolóxica.
Ámbito xeográfico
Tema
Axudas Neotec 2026
O Programa NEOTEC 2026 ten como obxectivo apoiar a creación e consolidación de novas empresas innovadoras de base tecnolóxica, financiando proxectos empresariais que requiran o uso de tecnoloxías.
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, E.P.E. (CDTI) convoca en 2026 o Programa NEOTEC en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Programa de Innovación del Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2024 2027, co obxectivo de apoiar a posta en marcha de novos proxectos empresariais de empresas innovadoras.
O programa vai dirixido a pequenas empresas innovadoras de recente creación, con residencia fiscal en España, que desenvolvan un plan de empresa baseado no desenvolvemento e na explotación de tecnoloxía propia, entendida como aquela xerada a partir de actividades de investigación e desenvolvemento. Poderán presentarse proxectos empresariais de calquera ámbito tecnolóxico ou sectorial, sempre que o modelo de negocio non se base primariamente na prestación de servizos a terceiros sen desenvolvemento tecnolóxico propio nin en iniciativas que non reflictan continuidade no desenvolvemento de tecnoloxía.
A contía total máxima destinada á convocatoria ascende a 20.383.300 euros. Dentro do orzamento dispoñible, establécese unha reserva orzamentaria mínima de 5.000.000 euros destinada a proxectos empresariais liderados por mulleres.
As axudas adoptan a forma de subvención e financiarán actuacións anuais ou plurianuais, que deberán iniciarse obrigatoriamente o 1 de xaneiro de 2027 e rematar o 31 de decembro de 2027, no caso de proxectos dun ano, ou o 31 de decembro de 2028, no caso de proxectos plurianuais. O orzamento financiable do proxecto deberá situarse entre 175.000 e 750.000 euros, sen incluír os gastos asociados á formación internacional descritos nos termos previstos no Anexo II da convocatoria.
Con carácter xeral, a subvención poderá cubrir ata o 70 % do orzamento financiable, cun importe máximo de 250.000 euros por empresa beneficiaria. Naqueles proxectos que inclúan a contratación laboral indefinida e a tempo completo de, cando menos, unha persoa con grao de doutor, a intensidade da axuda poderá incrementarse ata o 85 % do orzamento financiable, cun importe máximo de 325.000 euros.
De forma adicional, as empresas beneficiarias poderán solicitar financiamento para actividades de capacitación vinculadas ao crecemento empresarial e á internacionalización, consistentes en programas formativos nos Estados Unidos (MIT ou GeorgiaTech). Estes gastos poderán subvencionarse ao 100 %, ata un importe máximo de 18.300 euros, sempre que a empresa cumpra os requisitos establecidos e se sitúe entre as propostas mellor valoradas que solicitasen esta formación.
Serán gastos subvencionables, sempre que estean recollidos e debidamente xustificados no plan de empresa:
- a adquisición de activos fixos, materiais e inmateriais.
- os gastos de persoal, incluído o persoal propio, novas contratacións e persoas socias traballadoras, así como, se é o caso, a contratación de persoas con grao de doutor.
- colaboracións externas e asesorías, podendo a subcontratación acadar como máximo o 50 % do orzamento financiable.
- outros custos necesarios para a execución do proxecto, tales como alugueiros, subministracións, cánones e licenzas, gastos de solicitude e mantemento de patentes e outros dereitos de propiedade industrial, seguros, gastos de promoción e difusión, así como gastos de formación, cun límite máximo de 10.000 euros.
Así mesmo, serán elixibles os gastos de viaxes, ata un máximo de 8.000 euros, sempre que estean exclusivamente vinculados a actividades de formación impartidas por entidades públicas ou privadas, incluídos programas de crecemento empresarial ou internacionalización para startups, como ICEX Desafía. En ningún caso serán subvencionables os gastos de manutención.
Tamén serán subvencionables os gastos derivados do informe de auditoría, requirido para a xustificación da axuda, cun límite máximo de 2.000 euros.
Tras ditarse a resolución definitiva de concesión, a entidade beneficiaria poderá solicitar o pagamento anticipado de ata o 60 % da subvención concedida para o proxecto empresarial, cun importe máximo de 150.000 euros, sen que sexa necesario constituír ningún tipo de garantía.
Requisitos
- Ser unha pequena empresa innovadora non cotizada en mercados regulados.
- Estar constituída como máximo tres anos antes do peche do prazo de presentación de solicitudes e, en todo caso, cunha antigüidade mínima de seis meses.
- Non ter distribuído beneficios.
- Non terse feito cargo da actividade doutra empresa nin ter xurdido de procesos de concentración empresarial, agás nos supostos expresamente admitidos na convocatoria.
- Dispoñer dun capital social mínimo de 20.000 euros, totalmente desembolsado e inscrito no rexistro correspondente antes da presentación da solicitude.
- Presentar un plan de empresa que reflicta claramente a continuidade no desenvolvemento de tecnoloxía propia.
Do you want to publish a new help on the ONE Platform?
Escríbenos!