Convocatorias privadas

Entidade organizadora

La Nave Madrid (Madrid Innovation - Ayuntamiento de Madrid)

Prazo de presentación

27 agosto al 01 outubro 2026

Dotación

Formación especializada, mentoría personalizada, acceso ao ecosistema emprendedor, espazo de traballo e acompañamento para validar o negocio e acadar os primeiros clientes.

Ámbito xeográfico

Autonómico

Tema

Apoio e financiamento
Innovación
La Nave

Programa de Incubación La Nave 2026–2027

Programa gratuíto de incubación para validar o modelo de negocio, desenvolver a súa proposta de valor e prepararse para lanzar o seu proxecto ao mercado co acompañamento de mentores e expertos do ecosistema innovador.

La Nave Madrid, centro de innovación impulsado por Madrid Innovation e o Concello de Madrid, pon en marcha unha nova edición do seu Programa de Incubación dirixido a proxectos emprendedores en fase de idea, prototipo ou MVP.

O programa ofrece un itinerario de seis meses de duración para acompañar ás persoas participantes na validación do seu modelo de negocio, no deseño e testaxe da súa proposta de valor e na preparación dunha estratexia de acceso ao mercado. Durante este proceso, os proxectos seleccionados recibirán formación práctica, mentoría especializada e acceso a unha ampla rede de contactos do ecosistema emprendedor madrileño.

A iniciativa está orientada a persoas emprendedoras individuais e equipos de entre unha e catro persoas que necesiten contrastar a súa solución con persoas usuarias reais, identificar oportunidades de crecemento e avanzar cara aos seus primeiros clientes. Tamén poden participar proxectos que completasen unha fase previa de preincubación e queiran dar o seguinte paso cara á consolidación dunha empresa viable.

O programa inclúe obradoiros sobre validación de clientes e mercado, modelo de negocio, deseño de MVP, aspectos legais e fiscais, estratexia comercial, primeiros clientes e preparación para o investimento. Así mesmo, as persoas participantes contarán con sesións individuais de mentoría de negocio e poderán acceder a asesoramento especializado en áreas como produto, financiamento, growth, vendas, pricing, comunicación ou aspectos legais.

Ademais, La Nave facilitará o acceso a espazos de traballo, actividades de networking e encontros con startups, axentes investidores, corporacións e institucións. O programa concluirá cun Investors Day no que os proxectos presentarán a súa evolución ante axentes clave do ecosistema. Os equipos con mellor desempeño poderán acceder a unha Fast Lane para incorporarse ao Programa de Aceleración de La Nave.

Beneficiarios

persoas emprendedoras e startups en fase seed.

Ler menos

Requisitos

  • Ser persoa emprendedora individual ou formar parte dun equipo de entre 1 e 4 persoas.
  • Contar cunha idea de negocio, prototipo ou MVP en fase temperá.
  • Estar interesado en validar o modelo de negocio e a proposta de valor.
  • Comprometerse a participar nun programa presencial de seis meses de duración nas instalacións de La Nave.
  • Presentar a candidatura mediante o formulario de inscrición habilitado pola organización.
  • Achegar un Pitch Deck coa información principal do proxecto e do equipo promotor.
Ler menos

Do you want to publish a new help on the ONE Platform?

Escríbenos!