Entidade organizadora
Prazo de presentación
Dotación
Premios económicos de ata 10.000 €, formación e acompañamento especializado para a consolidación do negocio, asesoramento fiscal, acceso a redes de investimento e visibilidade en medios do ecosistema emprendedor.
Ámbito xeográfico
Tema
VIII Edición dos Premios +50 Emprende-Generación SAVIA
Iniciativa dirixida a impulsar proxectos liderados por persoas maiores de 50 anos, promovendo o talento sénior e apoiando o desenvolvemento de actividades con potencial de crecemento empresarial.
Generación SAVIA, proxecto impulsado pola Fundación Endesa en colaboración coa Fundación Máshumano, puxo en marcha a VIII edición dos Premios +50 Emprende, unha iniciativa destinada a recoñecer e impulsar proxectos empresariais liderados por persoas maiores de 50 anos.
A convocatoria conta cunha categoría xeral e unha categoría especial de emprendemento verde, dirixida a proxectos vinculados á transición enerxética e á economía circular que apoien a loita contra o cambio climático. En cada categoría concederanse tres premios de 10.000 €, 5.000 € e 1.500 €.
Ademais da dotación económica, os dous primeiros proxectos gañadores de cada categoría accederán a unha serie de beneficios centrados na consolidación e escalado dos seus negocios:
- Acompañamento online para o desenvolvemento do modelo de negocio, ao mesmo tempo que terán acceso a formación especializada para persoas emprendedoras, impartida por 50 Pro.
- Sesión de estratexia fiscal e xurídica orientada a optimizar a estrutura societaria, identificar vantaxes e deducións fiscais aplicables e definir sistemas de retribución para as persoas socias e administradoras, da man de Arrabe Integra.
- Avaliación do plan de negocio e acceso á rede de investidores de tquity, así como posibles oportunidades de coinvestimento para os proxectos que encaixen coa súa tese de investimento. Ademais, ofreceranse servizos de acompañamento empresarial, acceso a espazos para reunións con potenciais clientes e axentes investidores, asesoramento na automatización de procesos e avaliación de LegalTech en procesos de privacidade.
- Tres sesións de coaching estratéxico en intelixencia artificial e análise de datos acompañadas de materiais prácticos, en colaboración con Datahack.
Para presentar a candidatura, as persoas interesadas deberán enviar un vídeo cunha duración máxima de 2 minutos e 59 segundos. Neste vídeo deberán indicar o seu nome e apelidos, idade, cidade de procedencia, a idea de negocio e as motivacións que impulsaron o desenvolvemento do seu proxecto emprendedor. Así mesmo, terán que cubrir un formulario no que detallarán as características principais e a proposta de valor do proxecto emprendedor.
Ao longo das súas edicións, os Premios +50 Emprende lograron acumular preto de 1.200 proxectos presentados e máis de 2.100 persoas emprendedoras participantes. Na súa anterior edición, a convocatoria reuniu 630 persoas emprendedoras sénior, o que supuxo un aumento do 30 %, e recibiu un total de 207 iniciativas emprendedoras.
Requisitos
- Ter 50 anos ou máis a 28 de setembro de 2026.
- Residir en España ou, no caso das empresas, contar con domicilio social en España.
- Estar rexistradas como persoas usuarias sénior da plataforma Generación SAVIA.
- Presentar unha idea de negocio iniciada con posterioridade ao 28 de setembro de 2024.
- No caso das persoas xurídicas, as persoas maiores de 50 anos deberán representar, polo menos, o 50 % do capital social da entidade.
Do you want to publish a new help on the ONE Platform?
Escríbenos!