Andrea García, Marketing & Sales Lead de Infinito Delicias
Falamos con Andrea García, Marketing & Saes Lead de Infinito Delicias, sobre a importancia dos centros de experimentación urbana e o seu impacto no emprendemento innovador. Actualmente, a promoción da innovación e a sustentabilidade é crucial, e proxectos como Infinito Delicias ofrecen solucións prácticas e accesibles para os desafíos urbanos contemporáneos.
Falamos con Andrea García, Marketing & Saes Lead de Infinito Delicias, sobre a importancia dos centros de experimentación urbana e como están a contribuír á innovación e o emprendemento sostible nas cidades. Nun mundo onde a colaboración entre cidadanía, startups, empresas e fundacións é esencial, proxectos como Infinito Delicias están a posicionarse como exemplos crave deste modelo dinámico. Estes centros actúan como "terceiros espazos", lugares onde as persoas poden intercambiar ideas, experimentar e contribuír ao desenvolvemento de solucións urbanas innovadoras e sostibles.
Andrea compártenos a súa visión sobre como estes espazos non só promoven a creatividade, senón que tamén fomentan a resiliencia colectiva e o impacto real nas comunidades. Ademais, dános consellos sobre como crear comunidades sólidas, baseadas en valores claros, que permitan xerar proxectos colaborativos cun impacto positivo.
Nesta entrevista, Andrea convídanos a reflexionar sobre o futuro das cidades como laboratorios de innovación e sobre como a interacción entre diferentes actores pode ser clave para a creación de ecosistemas urbanos máis sostibles.
Non te perdas a entrevista completa ao final da páxina!
Falamos con Andrea García_InfinitoDelicias_ONE
Formato: .pdf. 1.66 MB