Como aumentar a visibilidade da túa empresa no Mapa de Emprendemento?
Neste post, mostrarémosche como rexistrarche para aumentar a visibilidade da túa empresa no Mapa de Emprendemento.
Gañar visibilidade é clave para calquera startup. Unha maior visibilidade pode xerar máis clientes, captar a atención por parte dos investidores e lograr un mellor recoñecemento da marca. O noso Mapa de Emprendemento en Plataforma ONE servirache de gran axuda. Neste post, mostrarémosche como rexistrarche.
Paso 1. Rexístrache no noso Mapa de Emprendemento
O primeiro paso consiste en rexistrarche, de forma gratuíta, no noso Mapa de Emprendemento. Para iso, segue as seguintes indicacións:
- Accede ao noso Mapa de Emprendemento en Plataforma ONE.
- Diríxeche á Home e fai clic no botón “Sign up”.
- Valida o teu correo electrónico e contrasinal.
- Completa a información requirida para o rexistro.
Paso 2. Crea o perfil da túa empresa
Agora que estás rexistrado, é momento de buscar e crear o teu perfil de empresa. Para iso, tes dúas opcións:
- Accede a través a card de “Add your organization”.
- Identifica a túa empresa na barra de procura.
Opción 1. Accede a través a card de “Add your organization”.
Para buscar ou crear o perfil da túa empresa selecciona o botón "Manage companies" onde poderás visualizar as compañías asociadas ao teu perfil. En caso de non ter ningunha, a través do buscador, selecciona “Can´t find? Add it now”, onde poderás introducir o nome e a url. Para finalizar o rexistro, deberás seleccionar “Create company”.
Antes de gardar a información, non esquezas marcar a casa de “Add me to company team” para poder realizar actualizacións do perfil.
Opción 2. Identifica a túa empresa na barra de procura.
Se prefires, podes identificar á túa empresa por medio da barra de procura na parte superior da páxina. Para iso, segue os seguintes pasos:
-
Introduce o nome da túa empresa.
Se atopas a túa empresa entre os primeiros resultados, fai clic no nome para ser redirixido ao perfil da mesma.

- Se non a atopas, fai clic en “view more” para ver todos os resultados de procura relacionados co nome que introduciches. Se a túa empresa segue sen aparecer na listaxe, selecciona o botón “Add a company” e proporciona a información necesaria para crear o perfil de empresa.
Asegúrache que o dominio da túa dirección de correo electrónico e o dominio do sitio web sexan iguais. Se non o son, ponche en contacto co equipo de soporte de Dealroom para resolver o problema.
Paso 3. Edita a información da túa empresa
Unha vez creado o perfil, poderás comezar a editar toda a información da túa empresa facendo clic no botón do lapis que se atopa no lado dereito da pantalla. Isto permite actualizar os detalles do teu perfil como a imaxe, nome da empresa, dirección, datos financeiros, roldas de financiamento, equipo etc.
O campo “team section” só poderá ser editado polos usuarios definidos como administradores.

Paso 4. Asocia o perfil da empresa ao perfil persoal.
Inicia sesión no Mapa de Emprendemento e busca o perfil da empresa usando a función de procura na parte superior da páxina.
Dentro do perfil, selecciona o botón de edición na parte superior dereita do perfil. Podes asociarche ao equipo facendo clic no botón "Add yourself and make edits".

