- Startup
- Axente investidor
- Persoa interesada no emprendemento innovador
ConversaciONEs: Máis alá do cheque: por que o smart money o cambia todo
Xá está dispoñible un novo episodio de ConversaciONEs, o pódcast da Plataforma ONE.
Neste novo episodio abordamos un dos conceptos máis utilizados —e non sempre ben entendido— do ecosistema emprendedor: smart money e o valor real que pode achegar un investidor máis alá do capital.
Rede de contactos, coñecemento sectorial, acompañamento estratéxico, experiencia operativa, acceso a novas roldas… Son moitas as promesas que acompañan un investimento. Pero que converte realmente o diñeiro en smart money? Que necesita unha startup en fase seed ou Serie A? E cando a implicación dun investidor pode deixar de achegar valor para converterse nun freo?
Para responder a estas preguntas reunimos tres perfís con experiencia desde distintos ángulos do investimento e do emprendemento:
- Cristina Guzman, Investment Principal especializada en FoodTech, AgTech, Personal Care e Biotech.
- Fran Rodríguez Prada, CEO e fundador de Naipex.
- Alina Agrasova, analista early stage en Farday Investment.
Ao longo do episodio, as persoas participantes analizan que achega realmente o smart money nas distintas etapas de crecemento dunha startup, comparten experiencias sobre o papel que poden desempeñar os axentes investidores e desmontan algúns dos mitos máis habituais sobre fondos, corporates e business angels.
O debate tamén os enfronta a decisións difíciles: aceptarías unha persoa investidora moi potente se esixe condicións pouco favorables? Agardarías seis meses por un gran corporate ou pecharías antes cun VC máis pequeno? É mellor unha persoa investidora que achega unha gran rede de contactos ou unha que garante o follow-on?
O episodio culmina cunha pregunta decisiva: se tiveses que escoller onde investir todo o teu patrimonio, apostarías por un gran equipo con investidores pasivos ou por un equipo menos experimentado respaldado por auténtico smart money?
Unha conversa que pon sobre a mesa unha idea clave: conseguir financiamento é só unha parte do camiño. Máis alá do cheque, escoller o investidor axeitado pode marcar a diferenza na evolución dunha startup.
Dálle ao play e descubre que hai realmente detrás do smart money e que deberías buscar nunha persoa investidora máis alá do capital!