- Startup
- Axente investidor
- Persoa interesada no emprendemento innovador
IE Venture Capital Program: Investing in High-Growth Companies
O programa está deseñado para capacitar a axentes investidores, profesionais e persoas emprendedoras na análise, valoración e xestión de investimentos en startups e empresas de alto crecemento, proporcionando unha visión práctica de todo o ciclo de investimento en capital risco (venture capital).
O programa Venture Capital: Investing in High-Growth Companies de IE Business School ofrece unha visión práctica e completa do proceso de investimento en startups e empresas de alto crecemento. A través de sesións impartidas por profesionais do sector, casos de estudo, dinámicas de negociación e exercicios aplicados, as persoas participantes coñecerán as principais etapas dunha operación de venture capital, desde a identificación e avaliación de oportunidades ata a creación de valor e as estratexias de saída.
O programa está dirixido a profesionais de fondos de venture capital, family offices, redes de business angels, entidades financeiras, axentes investidores institucionais, equipos de corporate venture capital, firmas de asesoramento financeiro e legal, así como a persoas emprendedoras, incubadoras e aceleradoras que desexen afondar no funcionamento do investimento en empresas innovadoras.
Entre os principais contidos inclúense a xeración e selección de oportunidades de investimento, os procesos de due diligence, a valoración de startups, a negociación de operacións e acordos de socios, a xestión de carteiras e a análise das distintas alternativas de desinvestimento. O programa combina coñecementos financeiros con habilidades de negociación e xestión das relacións entre axentes investidores e equipos emprendedores, ofrecendo unha perspectiva integral do ecosistema de capital risco.
A edición de 2026 celebrarase do 3 ao 6 de novembro e permitirá ás persoas participantes aprender de axentes investidores, persoas emprendedoras e expertas cunha ampla traxectoria no sector do venture capital. Ao finalizar a formación recibirán un certificado expedido por IE Business School Executive Education.