Plan de Empresas
A ferramenta Plan de Empresa é un documento interactivo que che axudará a identificar, describir e analizar unha oportunidade de negocio, examinar a súa viabilidade técnica, económica e financeira, e desenvolver todos os procedementos e estratexias necesarias para converter a citada oportunidade nun proxecto empresarial concreto.
A Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa (DGIPYME) pon á túa disposición a ferramenta Plan de Empresa, que che permitirá crear o teu proxecto empresarial e xogar con diferentes escenarios económicos para comprobar aspectos tales como canto diñeiro vas necesitar para poñer en práctica o teu negocio, con cantas persoas traballadoras debes contar, a canto vender o teu produto ou servizo, entre outras cuestións.
O Plan de Empresa axudarache a recompilar de forma rápida a información crave ao redor dos seguintes elementos do negocio:
- Datos básicos da empresa. Denominación, domicilio social, tipo de sociedade, data de constitución, data de inicio de actividade, sector de actividade, descrición da actividade, capital social, fondos propios actuais e empregados actuais.
- Datos básicos do proxecto. Explicación breve da actividade para desenvolver, financiamento propio e financiamento alleo.
- Promotores. Nome e apelidos, posto, dedicación e historial profesional.
- Produtos / Servizos. Indicar unha palabra ou frase que identifique o produto ou servizo, descrición e vantaxes.
- Plan de produción. Descrición do proceso produtivo, sistemas de control e xestión de calidade, tecnoloxía utilizada, instalacións e maquinaria e provedores.
- Análise do mercado. Aspectos xerais do sector, clientes potenciais, análises da competencia, debilidades da empresa, ameazas, fortalezas e oportunidades.
- Plan de márketing. Estratexia de prezos, política de vendas, promoción e publicidade, esquema de distribución, servizo postventa e garantía.
- Organización e persoal. Equipo directivo e persoal de empresa.
- Plan de investimentos. Inmobilizado material, inmobilizado intanxible, inmobilizado financeiro e outros investimentos.
Este Plan permitirache comprobar as desviacións que se estivesen producindo na marcha do proxecto e pode axudarche a reconducir algún aspecto comercial, produtivo, organizativo ou financeiro. Ademais, podes utilizalo como base sobre a que se levanten proxectos de crecemento ou diversificación da actividade principal.
Ao finalizar, poderás acudir coa túa idea ás persoas ou entidades financeiras que poden axudarche a poñelo en marcha.
Poderás atopar a ferramenta na seguinte ligazón: acceder a Plan de Empresa