Organizador
Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
Para poder utilizar as funcionalidades debes completar todos os campos obrigatorios do teu perfil.
Slush 2026
Slush 2026 busca reunir a persoas fundadoras, axentes investidores e líderes influentes do ecosistema emprendedor global para impulsar novas ideas e empresas con capacidade de transformar o mundo.
Slush 2026 é o evento de startups deseñado para conectar a persoas emprendedoras con investidores e investidoras e outros axentes de todo o mundo. Esta 19.ª edición, organizada anualmente en Helsinki, celebrarase os días 18 e 19 de novembro de 2026 e ten como obxectivo situar as persoas fundadoras no centro e concentrar, en dúas xornadas intensivas, a comunidade investidora internacional.
O evento articula milleiros de reunións entre startups e axentes investidores e combina un programa de relatorios, unha ferramenta de reunións (matchmaking) e unha área de networking, ademais de mentorías e máis de 600 eventos paralelos (side events). A comunidade reúne persoas fundadoras, axentes investidores, relatores, responsables políticos, medios de comunicación e axentes do ecosistema procedentes de máis de 70 países.
Para conectar o talento emprendedor co capital risco a escala global, Slush impulsa diversas actividades, entre as que destacan:
- Slush 100: competición de startups cun premio de 1 millón de euros para o proxecto gañador.
- Investor Office Hours: sesións de 75 minutos dinamizadas por fondos de capital risco (VC), a forma máis sinxela de coñecer e aprender da comunidade investidora durante os días do evento principal.
- Matchmaking Sprint: programa que dá visibilidade ás startups presentes na plataforma de Slush durante todo o ano; os axentes investidores seleccionan os proxectos cos que desexan reunirse en encontros individuais de 15 minutos.
- Female Founder Breakfast: encontro seleccionado de mulleres fundadoras para o apoio mutuo, charlas e networking.
- Investor Day: xornada exclusiva para axentes investidores centrada en conectalos entre si mediante mesas redondas e programación específica de venture.
A pasada edición de 2025 reuniu a máis de 13.000 persoas procedentes de máis de 90 países, 3.500 axentes investidores e 6.000 persoas fundadoras e creadoras de startups, con máis de 25.000 encontros de networking.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!