Spain Up Nation
Spain Up Nation
España é talento. É emprendemento en estado puro.
Pero non se conforma. Quere construír o futuro coas mans e as ideas da xente emprendedora. As mans da xente que o soña. As mans da xente que quere que o resto da súa vida se escriba en todo o que está por vir. Unhas mans que, á súa vez, se unan ao espírito de progreso e competitividade de toda a sociedade.
Por iso, o Goberno está a demostrar o seu compromiso con feitos, porque cada vez que se toma unha decisión lógrase un mañá mellor.
Proba deste apoio aos emprendedores e ás emprendedoras é Spain Up Nation, a iniciativa impulsada desde ENISA (Empresa Nacional de Innovación). Con esta marca, non só se busca proxectar ao noso país como o mellor dos destinos para a innovación e o emprendemento, senón resaltar tamén o papel da Administración pública como aliada clave para os novos talentos.
Spain Up Nation é o paraugas no que se integran todos os axentes públicos comprometidos co emprendemento innovador e a través do que se quere arroupar e impulsar ás empresas innovadoras que apostan por este camiño.
Baixo o lema "Emprendendo o futuro que queremos", a visión de Spain Up Nation tamén cruza fronteiras. España abre as súas portas, de par en par, para que o mundo do emprendemento, o investimento e o talento nacional e internacional fixen a súa mirada no noso país e en todas as oportunidades que ofrece, grazas á Lei de Startups, pioneira en Europa.
Así que, agora máis que nunca, se tedes unha idea, ide a por ela, para formar parte dun prometedor futuro. Se queredes emprender, preguntade por España.
“O verdadeiro talento é emprender”.